![]() Programa de Prevención e Control da Tuberculose ¿Que é a Tuberculose? É unha enfermidade contaxiosa producida por un bacilo e que afecta ó pulmón. A persoa infectada pode contaxiar outras persoas cercanas. ¿Cómo sé contaxia? O bacilo tuberculoso transmítese directamente de persoa a persoa ó tusir, falar, rir, etc. ¿Cómo sei se teño Tuberculose? Mediante unha proba moi sinxela: a reacción á proba da tuberculina, que é unha simple pinchadiña. Unha reacción positiva á proba non significa que teñas a enfermedade; somentes indica que a doenza pode existir, e isto confírmase cunha radiografía do tórax. ¿Que tratamento existe? Os casos positivos trátanse cun medicamento moi efectivo durante uns meses seguidos. Se unha persoa que ten tuberculose está a tratamento, non contaxia ós convivintes. É moi importante cumprir ben o tratamento, non interrumpi-lo sen orde do médico, xa que desta maneira o teu organismo crea a sua propia defensa e resistirá ós outros medicamentos
|