Menú

Servicio de Orientación Laboral para Inmigrantes. S.O.L.I.

  É un organismo dependente do Centro de Información e Asesoramento para Inmigrantes que dende 1995 xestiona a Asociación "Ecos do Sur". Posto en marcha na primavera deste ano, persigue a inserción socio-laboral dos traballadores estranxeiros a través da normalización do seu acceso ao mercado de traballo, buscando as condicións de igualdade que son precisas nunha sociedade máis xusta e solidaria.



¿CÓMO FUNCIONA O S.O.L.I.?

O servicio desenvolve diferentes programas na procura de ofertar un asesoramento integral en materia de emprego. Aberto e gratuito a demandantes e ofertantes de traballo, as suas funcións estructúranse en torno a catro eixos fundamentais:

    · OFERTAS E DEMANDAS DE EMPREGO:

Un Axente de Inserción Laboral pertencente á plantilla da asociación encárgase de xestionar as ofertas e demandas de traballo chegadas á nosa sede. Por medio dun programa informático específico e unha entrevista de ocupabilidade personalizada, os demandantes de emprego entran a formar parte dunha base de datos na que se conteñen os seus curriculums e perfís profesionais. Estes datos crúzanse coas ofertas enviadas por empresas e particulares buscando o mellor elenco de candidatos ao posto vacante. Calquera interesado en contratar a unha persoa pode dirixirse ao S.O.L.I. coa seguridade de que será asesorado e guiado no deseño do perfil máis axeitado a cada traballo.

    · FORMACIÓN OCUPACIONAL:

En "Ecos do Sur" consideramos a aprendizaxe como unha ferramenta básica de inserción laboral. Por iso ofertamos os nosos usuarios cursos de idiomas, de capacitación, de formación ocupacional ou de técnicas de autoemprego e búsqueda de traballo. Dese xeito facilítase a integración social, dotando á poboación inmigrante dun dereito inherente a toda persoa: o da formación.

    · XESTORÍA E ASESORÍA:

Os traballadores estranxeiros gozan de todos os dereitos e deberes no seu exercicio profesional. "Ecos do Sur" esfórzase porque esa máxima se cumpra prestando un servicio de asesoría laboral a aqueles que precisen de información ou direccionamento no que a condicións contractuais e salariais se refiere.

    · ÁREA DE AUTOEMPREGO:

A aquelas persoas que desexen rematar coa sua situación de desemprego mediante a iniciativa propia, o S.O.L.I. ofrécelles a posibilidade de estudiar a viabilidade económica do seu proxecto. Esta análise, que inclue aspectos legais, financieros e comerciais; consiguese mediante un instrumento, o Plan de Empresa, que elaboran en conxunto o emprendedor/a e o axente de inserción laboral da asociación. Ademáis, para cada caso avaliamos a posibilidade de axudas ou subvencións públicas.




IRANON es una marca registrada de Análisis y Desarrollo de Software, S.L.
Una producción de I latina Software, S.L.
© ECOS DO SUR A Coruña 2.001. Reservados todos los derechos.