Menú

Ecos do Sur é

  Unha Organización Non Gobernamental para o Desenvolvemento (ONGD), integrada na Coordenadora Galega de ONGD, na Federación de Universitarios Solidarios e na Plataforma Coruñesa de Voluntariado, fundada en setembro de 1991.

O seu ámbito de actuación é a Comunidade Autónoma Galega, aínda que as actividades se desenvolven na Coruña cidade e a comarca.

Os Seus obxectivos son:
  - o estudio da situación dos países do Sur
  - sensibilizar á poboación galega sobre a problemática desos países.
  - propiciar a integración dos inmigrantes na sociedade galega (a través de festas, encontros, actividades deportivas, actividades lúdicas, etc.)
  - a denuncia de calquira tipo de actitude ou acto racista, xenófobo ou intolerante

Fontes de ingreso:
  - Aportacións dos membros
  - Socios/ Socias
  - Subvencións
  - Doativos

Algúns dos Rexistros nos que está inscrita Ecos do Sur
  - Asociac. do Ministerio do Interior nº nacional: 105.799
  - Provincial de Asociac. (A Coruña) nº 2.891, Sección Primeira
  - Rexistro Galego de ONGD nº ONGD 002-SGPA 94/2

Traballa fundamentalmente en tres eidos:
  - Cooperación: apoio económico a proxectos de cooperación para o desenvolvemento, actualmente (1998), temos contacto con xente en Perú, Bangladesh e Zimbabwe
  - Sensibilización: organiza conferencias, encontros, cursos, etc. para o público xeral, e ten un programa dirixido ós centros de ensino, que inclúe diversos temas: "Conflictos Norte-Sur. Solidaridade. Cooperación, ..", "Educación Intercultural: As diferencias enriquecen", "Dereitos Humanos. Muller", "A cultura da COCA e a cocaína" , unha exposición de 50 paneies enmarcados (50x60) e explicados (47 fotográfías en cor) e vídeo, diapositivas, etc. relacionadas cos temas.
  - Traballo con inmigrantes: o maior esforzo de Ecos do Sur céntrase neste campo, tódalas actividades dirixidas ós inmigrantes realízanse a través do Centro de Información e Asesoramento para Inmigrantes (CIAI), que depende de Ecos do Sur .




IRANON es una marca registrada de Análisis y Desarrollo de Software, S.L.
Una producción de I latina Software, S.L.
© ECOS DO SUR A Coruña 2.001. Reservados todos los derechos.