¿Por que é tan importante o Sangue?
![]() O Sangue representa 1/13 do peso total do corpo humano (5 litros nunha persoa de 65 Kg de peso). Circula polas arterias e as veas. É de cor vermello vivo nas primeiras e escuro nas segundas. O 55% é un líquido chamado plasma no que están en suspensión diversas células: glóbulos vermellos (43%), glóbulos brancos e plaquetas (2%). Polo tanto o 55% é parte líquida e o 45% é parte sólida. Ademais hai unha parte gasosa (osíxeno, anhídrido carbónico, etc.) Ó longo deste ciclo, o sangue globalmente considerado cumpre as seguinte funcións vitais:
O Plasma: Transporta a auga e os elementos nutritivos ás células. Contén, así mesmo, os anticorpos útiles contra as enfermidades. É de enorme importancia no campo da transfusión sanguínea, xa que del se obtén a albumina, as gammaglobulinas, os factores de coagulación, etc. Os Glóbulos vermellos ou eritrocitos (tamén chamados hematíes): Levan o osixeno dos pulmóns ata os tecidos. Cada persoa ten entre 4.500.000 e 5.500.000 por milímetro cúbico de sangue. O exceso de glóbulos vermellos denomínase poliglobulina. O seu déficit recibe o nome de anemia. Os glóbulos brancos o leucocitos: Protéxennos contra as infeccións. Unha persoa ten de 5.000 a 9.000 leucocitos por milímetro cúbico. As Plaquetas: Taponan as hemorraxias e favorecen, xa que logo, a coagulación. Temos entre 250.000 y 350.000 por milímetro cúbico. |
| IRANON é
unha marca rexistrada de Análisis
y Desarrollo de Software, S.L. Unha producción de I latina, S.L. © Irmandade de Doadores de Sangue. A Coruña 2001. Reservados tódolos dereitos. |