| O sangue é
indispensable para vivir. O seu papel é tan esencial que a
diminución do seu volume ou a alteración dalgunha das súas
funcións poden poñer en perigo a supervivencia do
organismo; é dicir, o sangue é sinónimo de vida
porque non existe vida sen el. É imprescindible achegar ó
accidentado ou ó enfermo os elementos que lle falten e recuperar
a función alterada. Esta operación denomínase
transfusión sanguínea. A doazón de sangue, xesto xeneroso e desinteresado é, hoxe por hoxe, a única forma de salvar a vida ou recuperar a saúde para calquera persoa que sufra un déficit de compoñentes sanguíneos. |
| IRANON é
unha marca rexistrada de Análisis
y Desarrollo de Software, S.L. Unha producción de I latina, S.L. © Irmandade de Doadores de Sangue. A Coruña 2001. Reservados tódolos dereitos. |