Dereitos do Doador

  • Ser informado previamente por escrito das esixencias ou condicións médico-legais en vigor e do recoñecemento médico conseguinte..
  • Non ser rexeitado na súa vontade de doar sangue por motivos distintos ós condicionamentos anteditos, podendo igualmente por escrito solicitar información das causas do rexeitamento.
  • Formar parte dunha Asociación de Doadores, sendo informado para iso da súa existencia, e dispoñer dun documento-carné que acredite a súa condición.
  • Gozar dunha cobertura que cubra os riscos e accidentes sobrevidos con motivo da doazón, incluídos os desprazamentos, recibindo compensación de gastos ou danos producidos eventualmente con motivo da doazón.
  • O tempo empregado na doazón terá consideración laboral, dado o interese social e cívico do acto de doar sangue.
  • Dispoñer de puntual información estatística, a través da súa Asociación, sobre o uso e destino do seu sangue por parte da Administración técnico-sanitaria, xa que non renuncia á propiedade do sangue ata que de forma total ou fraccionada se transfunda ó enfermo, coas garantías éticas e formais do máis absoluto respecto ó carácter de gratuidade.

boton volver


Powered by Iranon e I Latina IRANON é unha marca rexistrada de Análisis y Desarrollo de Software, S.L.
Unha producción de I latina, S.L.
© Irmandade de Doadores de Sangue. A Coruña 2001. Reservados tódolos dereitos.