¿Cando poderei ser doador de Sangue?

fotCando teña 18 anos se cumpro as condicións físicas necesarias:
  • Idade entre 18 e 65 anos.
  • Pesar máis de 50 Kg.
  • Non padecer enfermidades que se poidan transmitir co sangue.
Por iso se fai un estudio médico a tódolos doadores para comprobar que están sans e que a doazón non vai supor ningún perigo nin para eles nin sequera para o enfermo que vaia recibir o seu sangue.

A frecuencia de las doazóns será a seguinte:
  • Para doazóns de sangue total, 4 veces ó ano (homes) e 3 veces ó ano (mulleres).
  • Para doazóns de plasma, 20 veces ó ano (mulleres e homes).
  • Para doazóns de plaquetas, 5 veces ó ano (mulleres e homes).
  • Para doazóns de leucocitos, 2 veces ó ano (mulleres e homes).
Volume que se extrae en cada doazón:
  • Doazóns de sangue total: 450 ml.
  • Doazóns de plasma: 600 ml.
  • Doazóns de plaquetas: 600 ml.
  • Doazóns de leucocitos: 500 ml.
Tempo que dura a doazón:
Entre 30 e 40 minutos (agás unha afluencia superior á normal). Este tempo divídese do seguinte xeito:

  • Inscrición administrativa.
  • Lectura do cuestionario coas condicións para doar e entrevista co médico.
  • Doazón de sangue propiamente dita (entre 5 e 10 minutos).
  • Uns minutos de repouso mentres se toma un refrixerio.

boton volver


Powered by Iranon e I Latina IRANON é unha marca rexistrada de Análisis y Desarrollo de Software, S.L.
Unha producción de I latina, S.L.
© Irmandade de Doadores de Sangue. A Coruña 2001. Reservados tódolos dereitos.