A Coruña Virtual
 Produce ilatina Año VI + de  35.000 accesos mensuales

 A Coruña Virtual  Alcer Última Actualización: 12-09-2001 


ALCER
NOTICIAS

SOLUCIÓNS PARA A INSUFICIENCIA RENAL CRÓNICA

 

A insuficiencia renal crónica é unha perda progresiva da función do ril, provocada, entre outros factores, pola diabete, a hipertensión ou infeccións crónicas. Na actualidade, os expertos contan para combater esta enfermidade co transplante de ril (opción máis efectiva), hemodiálise (implantación dun catéter que debe ser revisado cada tres semanas no hospital), diálise peritoneal (o paciente cambia de forma manual o líquido catro veces ó día) e a diálise peritoneal automatizada.

A opción terapéutica depende das características do paciente (calcúlase que un 20 por cento só pode acceder a un dos métodos, a causa de contraindicacións), polo que, segundo a doutora Rodríguez Carmona, "o importante é que os nefrólogos contemos cun abano terapéutico o máis amplo posible''.

O obxectivo para a comunidade investigadora na actualidade é lograr evitar, a longo prazo, o rexeitamento do ril transplantado ós enfermos con insuficiencia hepática, un dos problemas clínicos por solventar desta especialidade da Medicina, tal e como considera Fernando Valderrábano, responsable español desta sociedade.

Puerta Santa

 


volver

Diseño para 800 x 600 pixels con, al menos, 65.000 colores.                                                                  
Una producción de I latina Software, S.L. © Copyright 1996 - 2001. Todos los derechos reservados.

s con, al menos, 65.000 colores.                                                                  
Una producción de I latina Software, S.L. © Copyright 1996 - 2001. Todos los derechos reservados.