A Coruña Virtual
 Produce ilatina Año VI + de  35.000 accesos mensuales

 A Coruña Virtual  Alcer Última Actualización: 12-09-2001 


ALCER
NOTICIAS

UNHA MÁQUINA PERMITE FACE-LA DIÁLISE NA CASA

 


A nefróloga do Juan Canalejo Ana Rodríguez Carmona é pioneira na súa utilización

Onte foi presentada en Madrid —no marco do XXXVI Congreso Anual da Asociación Europea de Diálise e Transplante Renal— unha nova técnica que lles permite ós enfermos renais crónicos realizaren a súa diálise de forma automatizada no seu domicilio mentres dormen, o que incidiría nun cambio notable da súa calidade de vida. A novidade deste método consiste na súa enxeñería electrónica. O novo aparello foi presentado polos laboratorios Baxter e Ana Rodríguez Carmona, nefróloga do Hospital Juan Canalejo da Coruña, é pioneira na utilización desta máquina.

A nova máquina (portátil e de pequeno tamaño) permítelle ó médico programa-la información necesaria para o control da diálise e recibir a través dun módem, vía Internet, a evolución do tratamento. "Desta forma, a unidade de diálise do hospital ten amplo acceso á información terapéutica, permitíndolles ós especialistas a identificación de problemas e o axuste de prescricións, sen que sexa necesaria a presencia do paciente'', explicou a nefróloga Ana Rodríguez. Segundo esta experta, o método irase introducindo de forma progresiva na Seguridade Social "sen ningún custo engadido para a Administración nin para o enfermo''.

Ata agora —engadiu— os pacientes que realizaban diálise peritoneal automatizada (utilizada en España desde principios dos noventa) tiñan que gravar manualmente na máquina tódolos parámetros do tratamento para logo face-los axustes necesarios. Con este novo programa (tipo Windows), o paciente "simplemente ten que introduci-la tarxeta, desde a súa casa, coa información persoal que xa programou o especialista; entón, a tarxeta arquiva o tratamento completo, introduce os cambios do programa e vai actualizando a información periodicamente'', sinalou.

De tódolos pacientes sometidos a diálise, un 10% optou pola automatizada no seu domicilio. Segundo datos presentados no Congreso de Nefroloxía, en España existen uns 30.000 enfermos con insuficiencia renal crónica, dos que uns 17.000 se someten a diálise (57%); mentres que o resto foron transplantados (43%). Ademais, estímase que uns 4.500 pacientes ó ano inician calquera modalidade de diálise.

 


volver

Diseño para 800 x 600 pixels con, al menos, 65.000 colores.                                                                  
Una producción de I latina Software, S.L. © Copyright 1996 - 2001. Todos los derechos reservados.

G="0" CELLSPACING="2"> Diseño para 800 x 600 pixels con, al menos, 65.000 colores.                                                                  
Una producción de I latina Software, S.L. © Copyright 1996 - 2001. Todos los derechos reservados.