Orixenes de Axuda en Acción

1. Orixes de Axuda en Acción.

  Axuda en Acción nace a finais de 1980 e empeza a funcionar en 1981 gracias ó apoio ofrecido pola organización inglesa Action Aid (1972). O seu fundador en España e actual presidente é Gonzalo Crespí de Valldaura. É unha organización plenamente española, declarada de Utilidade Pública. Nestes momentos é unha das primeiras ONGD espanolas, non soamente polos niveis de ingresos, senón, e sobre todo, polo apoio social e a súa presencia na sociedade española.
  Dende 1980 a rama inglesa (Action Aid) continúa apoiando a creación de novas ramas en Francia, Irlanda e Italia. Todas elas son organizacións independentes, pero compartimos a mesma filosofía: axudar ás comunidades máis desfavorecidas do Terceiro Mundo a través de proxectos de Desenvolvemento Integral, é dicir, traballando en áreas de Educación, Sanidade, Producción e Comercialización e Organización Comunitaria, de tal modo, que a comunidade onde se leva a cabo o proxecto poida ser autosuficiente cando Axuda en Acción considere finalizado o proxecto ( o término medio é de 10-15 anos).
  Axuda en Acción exerce o seu labor en 15 países do Terceiro Mundo. Honduras, Nicaragua, O Salvador, Bolivia, Ecuador, México e Perú en América Latina. India, Nepal e Bangladesh en Asia e Uganda, Malawi, Kenia, Mozambique e Etiopía en África.


Adelante/Atras


Powered by Iranon e I Latina IRANON é unha marca rexistrada de Análisis y Desarrollo de Software, S.L.
Unha producción de I latina, S.L.
© Axuda en Acción A Coruña 2.001. Reservados tódolos dereitos.