|
3.
¿ Que formas temos de colaborar?
Apadriñamento. Quince respostas sobre o Apadriñamento
Unha
foto. Ese é o comezo. Carlos sorrí dende Caranavi,
unha aldea de Bolivia. A moitos miles de quilómetros, na
Coruña, Eduardo tamén sorrí. Pensan nas
escolas, nos pozos, nas moitas cousas que estan construindo
xuntos. É o comezo dunha bonita amizade.
1. ¿QUE É?
O apadriñamento é a forma máis común
de colaborar con Axuda en Acción. A axuda dos padriños
permite mante-los proxectos de desenvolvemento que melloran as
condicións de vida dos nenos, familias e comunidades máis
desfavorecidas do Terceiro Mundo.
2. ¿QUE SABEREI SOBRE O NENO? Cando unha persoa
apadriña un neno recibe un expediente que inclúe
unha foto e os seus datos personais e familiares (data de
nacemento, número de irmáns,...), ademais dun
informe sobre os problemas da zona e sobre o que pretende facer
Axuda en Acción no proxecto. Un par de veces ó ano o
padriño terá noticias sobre a marcha do proxecto e
unha carta ou debuxo do neno.
3. ¿PODO ESCRIBIRLLE?
Por suposto que si e tantas veces como desexe. Gústanlles
moito as postais.Fale con el de temas comúns que o neno
poida entender e comparar co seu entorno: o tempo, a familia, ...
4. ¿PODO VISITALO?
Se tes cartos e tempo suficiente, anÌmate.É unha
experiencia única. Non esquezas avisar un par de meses
antes ás nosas oficinas en Madrid, alí porante en
contacto con algún membro de Axuda en Acción do país
que queres visitar para que te acompañe ó proxecto.
5. ¿É POSIBLE QUE O NENO VEÑA A ESPAÑA?
O neno ten a súa familia, os seus amigos, a súa
cultura,... é innecesario sacalo do seu entorno. Debemos
ser realistas e non perder de vista cal é o fin da nosa
axuda: pecharlle as portas á pobreza.
6. ¿PODO FACERLLE AGASALLOS?
Son varios os motivos polos que non se deben facer agasallos ós
nenos. Por unha banda, hai que ter en conta as diferencias
culturais Por outra banda, o resto dos nenos poden sentirse
discriminados.
7. ¿XORDE ALGÚ/N VÍNCULO LEGAL ENTRE O NENO
E O PADRIÑO?
O padriño non ten ningunha potestade sobre o neno quen xa
ten a súa propia familia. Ó neno se lle presenta o
padriño como un amigo, por iso é preferible utilizar
este termo na correspondencia.
8. ¿DE QUE PAÍSES SON OS NENOS?
Axuda en Acción traballa en 12 países de América
Latina ( Nicaragua, O Salvador, México, Bolivia, Ecuador,
Perú) e África (Etiopía, Kenia, Uganda,
Malawi) e en Asia (India e Nepal).
9. ¿EN QUE LINGUA É A CORRESPONDENCIA?
En tódolos países, salvo en América Latina, é
en inglés. Se desexas que che traduzan as cartas podes
mandalas ás oficinas da ONG en Madrid ou Barcelona.
10. ¿QUE IDADES TEÑEN OS NENOS?
Apadriñanse en idade escolar, é dicir, dos 3 ós
11 anos. 1
1. ¿ PODO ELEXIR O PAÍS OU O SEXO DO NENO?
En cada proxecto se apadriñan tantos nenos como cartos se
necesitan para mantelo. Por iso, en principio, trátase
dunha elección de Axuda en Acción que depende das
necesidades, é dicir, dos proxectos que precisen cartos
nese momento.
12. ¿CANTO COSTA?
A cota de apadriñamento é de 2.500 ptas ó
mes, pagadeiras tamén ó trimestre (7.500 ptas.), ó
semestre (15.000 ptas.) ou ó ano (30.000 ptas).
13. ¿QUE SE FAI COS CARTOS?
A cota de apadriñamento non beneficia só ó
neno senón a toda a comunidade. Axuda en Acción
traballa, xuntamente cos beneficiarios, nos seguintes eidos:
producción e comercialización, saúde, educación,
medio ambiente e capacitación en tódalas áreas.A
idea é que cando a ONG se retire, estas comunidades sexan
autosuficientes.
14. ¿CANTO DURA O MEU COMPROMISO? Cando un apadriña
a un neno non queda obrigado a manter esa axuda por un tempo
determinado. Posto que os nenos só se apadriñan
mentres están na escola, cando finalice esta etapa Axuda en
Acción automaticamente enviaralle a ficha dun novo neno.
15. ¿CAL É A DIFERENCIA CO SOCIO COLABORADOR?
-As aportacións dos padriños van a proxectos xa en
marcha. As dos colaboradores destínanse á creación
e ó desenvolvemento de novos proxectos: non contribúen
cunha cota fixa (o mínimo é de mil pesetas ó
ano) nin reciben cartas de nenos, pero infórmaselles sobre
a marcha do proxecto co que colaboran.
· Socio colaborador:
A túa aportación destinarase ó estudio,
reación e desenvolvemento de novos proxectos que axuden a máis
xente. Servirá tamén para favorecer aqueles que xa
existen. Mínimo de 1.000 pesetas ó ano.
· Donativos:
Podes colocar no teu lugar de traballo, na túa empresa, un
peto de Axuda en Acción, para que os teus compañeiros
realicen donativos. Podes pedilos ós comités locais
da ONG.
· Institucións:
Empresas, fundaciones y entidades privadas prestan su colaboración
profesional, patrocinan actividades y donan fondos y materiales
para apoyar los objetivos de Ayuda en Acción.
· Fondos Oficiais:
Organismos e instituciones públicas, Gobiernos Centrales,
Autonómicos y Ayuntamientos destinan un porcentaje de los
fondos públicos que recaudan a la financiación de
proyectos de desarrollo.
· Voluntariado
Faite voluntario. Contacta con algún dos seis comités
locais que Axuda en Acción ten en Galicia. Así,
colaborarás en actividades que xerarán cartos
destinados ós proxectos da ONG.
· Merca Material da ONG
Podes mercar, enviando unha carta a Axuda en Acción en
Madrid, camisetas, xogos infantís e libros. Os que viven na
cidade da Coruña poden mercalos na tenda que temos na rúa
Orillamar, número 26. Ven polo noso local, ven polo noso
mundo.
|