Como se traballa...

2. ¿ Cómo se traballa nos proxectos de Desenvolvemento Integral?

  Os proxectos de Desenvolvemnto Integral están pensados para que funcionen durante varios anos; son proxectos a medio e longo prazo. Este sistema de traballo pretende crear infraestructuras e mecanismos que axuden a combatir a pobreza nunha determinada comunidade. Con este tipo de apoio inténtase que no futuro, cando o proxecto remate, a propia comunidade poida valerse por si mesma.
  O traballo de Axuda en Acción está baseado no coñecemento das capacidades propias das comunidades e nos recursos de que dispón, reforzándoos e xenerando novas solucións, respectando sempre a súa identidade cultural, as súas tradicións e os seus valores. Evidentemente, é un traballo que implica moitos sectores diferentes: a saúde, a educación e a formación profesional, a producción, a comercialización e a organización comunitaria.
  Este último punto, a organización comunitaria, é moi importante, pois sen o apoio e o interés da propia comunidade, o proxecto iría a pique. A miudo, o que dende aquí podemos pensar que é unha necesidade prioritaria, non ten nada que ver co que eles realmente necesitan. Por elo, cando Axuda en Acción chega a unha determinada rexión, o primeiro que promove é queles mesmos se organicen para que poidan expresar as súas opinións e se involucren directamente no proxecto.

Quince respostas sobre os proxectos

Adelante/Atras


Powered by Iranon e I Latina IRANON é unha marca rexistrada de Análisis y Desarrollo de Software, S.L.
Unha producción de I latina, S.L.
© Axuda en Acción A Coruña 1.999. Reservados tódolos dereitos.